Ir a Weblate! Menu

Directiva de privacidade

Os documentos legais necesarios para ofrecer este servizo. O documento vinculante das Condicións do Servizo está en inglés, as traducións fornécense para a súa comodidade.

Ver a versión en inglés

Cumprimos co Regulamento 679/2016, o Regulamento Xeral de Protección de Datos, tamén coñecido coma a RXPD. Este documento inclúe as especificacións precisas.

Delegado de Protección de Datos

Ing. Michal Čihař, Nábřežní 694, 471 54 Cvikov, CZ, núm. de rexistro 04705904

Weblate designou un delegado de protección de datos co que pode contactar a través de privacy@weblate.org.

Datos persoais procesados por Weblate

Weblate só procesa os datos persoais que o «Usuario» fornece ao empregalo:

Nome e enderezo de correo-e
Empréganse para identificalo (a Vde.) nos «commits» no SCV.
Alén diso, emprégase o correo-e para notificar os eventos monitorizados.
Contrasinal en forma de resumo criptográfico
Emprégase para autenticar ao «Usuario», se está configurado
Os contrasinais almacénanse como resumo criptográfico empregando Argon2.
Enderezo IP e nome do navegador
These are logged in case of important changes to your account (e.g. a password change) to allow diagnosis in case your account is stolen.
Información de facturación
Os datos necesarios para emitir unha factura recóllense ao mercar un servizo con nós.

Finalidade e base xurídica do tratamento de datos persoais

Os seus datos persoais só serán empregados para os fins do «Servizo»:

  • para prestar os nosos servizos no «Servizo», contactar con Vde. en asuntos relacionados cos nosos servizos (tamén por medio de correos-e e mensaxes) e garantir a funcionalidade técnica do noso servizo e o cumprimento das obrigacións contratuais ou precontratuais (Artigo 6 (1) b. RXPD)
  • para analizar o emprego dos nosos servizos pola súa parte e melloralos (Artigo 6 (1) b. e f. RGPD)
  • co seu consentimento explícito ou autorización para desenvolver as nosas actividades comerciais ou enviarlle boletíns informativos (Artigo 6 (1) a. RXPD)

Acceso aos datos persoais

O Delegado de Protección de Datos (DPD) empregou todos os medios técnicos razoables para protexer os datos persoais. Só persoas autorizadas poden acceder aos datos persoais.

Os terceiros que poden acceder aos datos persoais cando sexa necesario son:

  • Persoas contratadas para a seguranza técnica do servizo.
  • If you purchase a service from us, a payment processor gets essential access to your Personal Data, limited to the bare minimum needed to process your payment.

Todos os datos persoais están almacenados na Unión Europea.

Divulgación dos datos persoais

Os datos persoais poden ser revelados a terceiros en circunstancias limitadas cando o Delegado de Protección de Datos (DPD) crea de boa fe que así o esixe a lei, como por virtude dunha citación ou outra orden xudicial ou administrativa.

No caso de que o Delegado de Protección de Datos (DPD) estea obrigado por lei a revelar os datos persoais, realizarase un intento de notificar previamente ao «Usuario» por correo-e (a menos que o DPD o teña prohibido ou sexa inútil) de que foi feita unha solicitude dos seus datos persoais para permitirlle ao «Usuario» oporse á revelación. Se o «Usuario» non impugna a solicitude de revelación, o DPD pode estar legalmente obrigado a entregar os datos persoais.

A retención de datos persoais

Os datos persoais son almacenados no «Servizo» ata que o «Usuario» elimine a súa conta no servizo.

Pódese recoller información do rexistro de acceso durante un período máis longo coa finalidade de estabelecer, exercer ou defender reclamacións legais.

Os seus dereitos

O «Usuario» fornece o uso dos seus datos persoais voluntariamente. Sen estes datos persoais, Weblate non pode prestar os servizos.

Queremos que teña sempre o control dos seus datos persoais. Para iso, Vde, ten certos dereitos que o permiten. En determinadas condicións, pode:

  • Obter acceso a todos os seus datos persoais que Weblate utiliza ou procesa e incluso obter unha copia completa dos mesmos (Artigo 15 do RXPD)
  • Corrixa os datos persoais procesados por Weblate se considera que hai erros
  • Indíquenos que eliminemos os seus datos persoais
  • Restrinxir o tratamento de datos persoais
  • Oporse ao procesamento
  • Reciba os seus datos persoais nun formato de uso habitual e lexíbel por máquinas ou para transmitírllelos a un provedor diferente.

A eliminación, corrección e recuperación dos seus datos persoais pódese facer dende a xestión da conta e está totalmente automatizada.

Galego