Ir a Weblate! Menu

Condicións e privacidade

Os documentos legais necesarios para ofrecer este servizo. O documento vinculante das Condicións do Servizo está en inglés, as traducións fornécense para a súa comodidade.

Ver a versión en inglés

Condicións do Servizo

Os dereitos e obrigas do «Usuario» e do«Fornecedor» como resultado do uso do «Servizo» determínanse por estas Condicións do Servizo.

Definicións

Nestas Condicións do Servizo:

Acordo
refírese ao Acordo de Licenza no sentido dos artigos 2358 e ss. do Código Civil celebrado por e entre o «Usuario» e o «Fornecedor» mediante consentimento
Código civil
refírese á Lei núm. 89/2012 Coll., do Código Civil, segundo a súa modificación
Consentimento
refírese ao consentimento do «Usuario» con esas Condicións do Servizo e outros documentos legais expresados marcando a caixa de verificación durante o rexistro
Cookies
refírese a calquera ficheiro de datos enviado polo servidor web do «Servizo» ao computador do «Usuario» ou cara a outro dispositivo conectado á Internet, que permita obter unha identificación única do navegador web do «Usuario»
RXPD
refírese ao Regulamento da UE núm. 679/2016, o Regulamento Xeral de Protección de Datos
Licenza
refírese á licenza non exclusiva outorgada polo «Fornecedor» ao «Usuario» para o uso do «Servizo»
Fornecedor
refírese a Ing. Michal Čihař, Nábřežní 694, 471 54 Cvikov, CZ, núm. de rexistro 04705904
Datos persoais
refírese aos datos persoais no senso do Regulamento da UE No. 679/2016 inseridos polo «Usuario» no «Servizo» e/ou nas cookies
Propietario
refírese ao «Usuario» que pode xestionar o proxecto
Proxecto
refírese ao proxecto de tradución xestionado no «Servizo»
Servizo
refírese a que a páxina web e os servizos baseados en Weblate son operados polo «Fornecedor»
Memoria de tradución
refírese ao servizo opcional de memoria de tradución fornecido por Weblate
Usuario
refírese a calquera entidade legal ou individual diferente ao «Fornecedor», que estea a empregar o «Servizo»
Sistema do Control de Versións (VCS)
refírese ao sistema de control de versións distribuído empregado polo proxecto, como Git ou o Mercurial

Conclusión do Acordo de Licenza

O Acordo de Licenza conclúese coa aceptación por parte do «Usuario» da oferta do «Fornecedor».

Acordo de Licenza

Ao concluír o acordo en virtude do artigo 2.1 deste acordo, terán efecto as seguintes disposicións deste artigo 3 das Condicións do Servizo.

O «Fornecedor» presenta ao «Usuario» un Acordo de Licenza e o «Usuario» acepta este Acordo de Licenza, todo iso baixo os termos e condicións estabelecidos nestas Condicións do Servizo.

O «Fornecedor» terá dereito a pechar, axustar, modificar ou facer que o «Servizo» non estea dispoñíbel no enderezo web en calquera momento.

O «Usuario» comprométese a empregar o «Servizo» soamente de xeito que non poña en perigo os medios técnicos de software e/ou hardware do «Fornecedor» e/ou devanditos medios no uso do «Fornecedor».

O «Usuario» comprométese a absterse de empregar o «Servizo» de mala fe e/ou de causar de xeito deliberado calquera dano ao «Servizo».

O «Usuario» comprométese a absterse de eludir os medios técnicos de software e/ou hardware do «Servizo», de xeito particular os sistemas de seguranza.

Responsabilidade por danos e prexuízos

O «Usuario» declara por este medio que o «Fornecedor» non será responsable por calquera dano causado ao «Usuario» como resultado do uso do «Servizo».

Se o «Usuario» é un empresario, renuncia expresamente ao seu dereito a unha indemnización por parte do «Fornecedor» polos danos causados non intencionalmente polo «Fornecedor» ao «Usuario» polo incumprimento de calquera obriga contida nas presentes Condicións do Servizo e/ou derivados do uso do «Servizo».

Datos persoais

No senso do Artigo 7 do RXPD, o «Usuario» outorga o seu consentimento para a recollida, almacenamento e tratamento dos seus datos persoais segundo a Directiva de privacidade.

Traducións

O «Servizo» organiza as traducións en proxectos individuais, nos que o propietario é responsábel de xestionalos e de especificar con precisión a licenza do proxecto.

Non especificar a licenza de tradución significa que as traducións están dispoñíbeis baixo a mesma licenza que o propio proxecto.

Se o proxecto opta pola memoria de tradución, a licenza de uso da tradución outórgase a todos os usuarios da memoria de tradución.

O Usuario acepta, ao facer achegas a un proxecto, a licenza especificada polo proxecto.

O «Usuario» acepta o emprego do seu nome e correo-e como autoría nos «commits» ao SCV. O «Usuario» entende que esta aceptación non é revogábel por mor da natureza do SCV.

Cookies

No senso do artigo 89 da Lei núm. 480/2004 Coll., das comunicacións electrónicas, na súa versión modificada, infórmase ao «Usuario» de que o «Servizo» utiliza cookies.

O «Servizo» utiliza cookies para personalizar o contido.

Lei aplicábel

Estas Condicións do Servizo rexeranse polas leis da República Checa coa exclusión das regras de conflito.

Calquera disputa que xurda en base ao acordo e/ou a estas Condicións do Servizo será resolta polo tribunal da República Checa que teña xurisdición substantiva e local.

Efecto

Estas Condicións do Servizo terán efecto a partir do 15 de maio de 2023.

Directiva de privacidade

Cumprimos co Regulamento 679/2016, o Regulamento Xeral de Protección de Datos, tamén coñecido coma a RXPD. Este documento inclúe as especificacións precisas.

Delegado de Protección de Datos

Ing. Michal Čihař, Nábřežní 694, 471 54 Cvikov, CZ, núm. de rexistro 04705904

Weblate designou un delegado de protección de datos co que pode contactar a través de privacy@weblate.org.

Datos persoais procesados por Weblate

Weblate só procesa os datos persoais que o «Usuario» fornece ao empregalo:

Nome e enderezo de correo-e
Empréganse para identificalo (a Vde.) nos «commits» no SCV.
Alén diso, emprégase o correo-e para notificar os eventos monitorizados.
Contrasinal en forma de resumo criptográfico
Emprégase para autenticar ao «Usuario», se está configurado
Os contrasinais almacénanse como resumo criptográfico empregando Argon2.
Enderezo IP e nome do navegador
These are logged in case of important changes to your account (e.g. a password change) to allow diagnosis in case your account is stolen.
Información de facturación
Os datos necesarios para emitir unha factura recóllense ao mercar un servizo con nós.

Finalidade e base xurídica do tratamento de datos persoais

Os seus datos persoais só serán empregados para os fins do «Servizo»:

  • para prestar os nosos servizos no «Servizo», contactar con Vde. en asuntos relacionados cos nosos servizos (tamén por medio de correos-e e mensaxes) e garantir a funcionalidade técnica do noso servizo e o cumprimento das obrigacións contratuais ou precontratuais (Artigo 6 (1) b. RXPD)
  • para analizar o emprego dos nosos servizos pola súa parte e melloralos (Artigo 6 (1) b. e f. RGPD)
  • co seu consentimento explícito ou autorización para desenvolver as nosas actividades comerciais ou enviarlle boletíns informativos (Artigo 6 (1) a. RXPD)

Acceso aos datos persoais

O Delegado de Protección de Datos (DPD) empregou todos os medios técnicos razoables para protexer os datos persoais. Só persoas autorizadas poden acceder aos datos persoais.

Os terceiros que poden acceder aos datos persoais cando sexa necesario son:

  • Persoas contratadas para a seguranza técnica do servizo.
  • If you purchase a service from us, a payment processor gets essential access to your Personal Data, limited to the bare minimum needed to process your payment.

Todos os datos persoais están almacenados na Unión Europea.

Divulgación dos datos persoais

Os datos persoais poden ser revelados a terceiros en circunstancias limitadas cando o Delegado de Protección de Datos (DPD) crea de boa fe que así o esixe a lei, como por virtude dunha citación ou outra orden xudicial ou administrativa.

No caso de que o Delegado de Protección de Datos (DPD) estea obrigado por lei a revelar os datos persoais, realizarase un intento de notificar previamente ao «Usuario» por correo-e (a menos que o DPD o teña prohibido ou sexa inútil) de que foi feita unha solicitude dos seus datos persoais para permitirlle ao «Usuario» oporse á revelación. Se o «Usuario» non impugna a solicitude de revelación, o DPD pode estar legalmente obrigado a entregar os datos persoais.

A retención de datos persoais

Os datos persoais son almacenados no «Servizo» ata que o «Usuario» elimine a súa conta no servizo.

Pódese recoller información do rexistro de acceso durante un período máis longo coa finalidade de estabelecer, exercer ou defender reclamacións legais.

Os seus dereitos

O «Usuario» fornece o uso dos seus datos persoais voluntariamente. Sen estes datos persoais, Weblate non pode prestar os servizos.

Queremos que teña sempre o control dos seus datos persoais. Para iso, Vde, ten certos dereitos que o permiten. En determinadas condicións, pode:

  • Obter acceso a todos os seus datos persoais que Weblate utiliza ou procesa e incluso obter unha copia completa dos mesmos (Artigo 15 do RXPD)
  • Corrixa os datos persoais procesados por Weblate se considera que hai erros
  • Indíquenos que eliminemos os seus datos persoais
  • Restrinxir o tratamento de datos persoais
  • Oporse ao procesamento
  • Reciba os seus datos persoais nun formato de uso habitual e lexíbel por máquinas ou para transmitírllelos a un provedor diferente.

A eliminación, corrección e recuperación dos seus datos persoais pódese facer dende a xestión da conta e está totalmente automatizada.

Galego