Colaborar con Weblate
Weblate é desenvolvido por unha comunidade aberta. Hai moitos xeitos de colaborar co desenvolvemento de Weblate. Fale disto cos seus socios ou compañeiros.
Ver o código fonte Traducir a aplicaciónAtopou un erro en Weblate?
- No caso de que sexa un incidente sensíbel ou de seguranza, informeo en HackerOne. Na documentación atopará outros xeitos de informar de incidentes de seguranza.
- Asegúrese de que o fallo aínda non foi informado; para iso, busqueo nos informes de GitHub.
- Se non atopou ningunha incidencia (issue) aberta que aborde este problema, abra unha nova.
- Siga as instrucións do modelo de incidencias e forneza toda a información que sexa posíbel.
Ten un parche que corrixa un fallo?
- Cree unha «pull request» en GitHub co seu parche.
- Asegúrese de que a descrición da «pull request» describa claramente o problema e a solución. Inclúa o número de incidencia correspondente, se é o caso.
Bota en falta algunha funcionalidade ou quere facer unha modificación?
- Suxira un cambio empregando as incidencias de GitHub (issues).
- Siga as instrucións do modelo de incidencias e forneza toda a información que sexa posíbel.
Preguntas relacionadas co código fonte?
- Consulte a documentación para colaboradores, onde atopará os temas máis habituais.
- Comparta o que pensa nos debates de GitHub.
Quere axudar coa documentación?
- A documentación forma parte do repositorio principal de código fonte; achará de xeito doado as ligazóns para editar cada unha das páxinas directamente na documentación.
- Unha vez teña un parche preparado, sega as instrucións de envío de parches.
- Únase ao equipo de revisores para axudar a arranxar e suxerir «pull request» non relacionadas co código.
Sempre facemos un bo uso do apoio económico.
Abra a páxina de doazóns para coñecer os distintos xeitos de doar.
Doar agoraÉ tradutor/a? Axude a traducir o propio Weblate.
Pode traducir Weblate e moitos outros proxectos en hosted.weblate.org.
Comece a traducir