O xeito de Weblate
Gústanos a rexionalización e o software libre dabondo como para crear unha ferramenta de L10n que respecte a privacidade e fornecela como software libre con «copyleft». Todo comezou en 2012.

Buscando unha alternativa a Pootle
… A funcionalidade clave é a integración completa con Git. Faise «commit» dos cambios sobre unha póla local de Git e fusiónanse (merge) de xeito moi sinxelo.
Anunciando Weblate
… Após unha semana de desenvolvemento anúnciase o Weblate: unha ferramenta de tradución baseada na web cunha estreita integración con Git.
Por que Weblate?
No canto de nos contentar cunha solución existente, Weblate foi feito para ter:
◦ Integración con Git
◦ Recoñecemento dos tradutores
◦ Xestión de varias pólas (branch)
◦ Vista do contexto
◦ Fusión (merge) de tradución razoábel
◦ Comprobacións de coherencia
Weblate medra e o futuro ábrese a novas oportunidades.
O seu equipo de Weblate

Michal Čihař

Benjamin Alan Jamie

Víťa Válka